REMATAMOS AS ACTIVIDADES DO BLOG DE INGLÉS O LUNS 8 DE XUÑO DE 2020


A partir desta semana xa non colgarei máis actividades para Educación Primaria, porque xa teño a reunión de avaliación e non as podería ter en conta. De todas formas, se queredes enviarme algo que vos quedara pendente das semanas anteriores podedes facelo ata o mércores 10 de xuño incluído para poder telo en conta na avaliación. Se necesitades contactarme, podedes facelo ao longo desta semana no mail gloriaingleszas@gmail.com. Despois desta semana xa teriades que chamar ao teléfono do colexio para contactarme, como se viña facendo antes do confinamento.


Con respecto a Educación Infantil, non vou colgar máis actividades escritas, pero gustaríame que virades estes 3 vídeos para pechar o curso dunha bonita maneira:

  • https://www.youtube.com/watch?v=gn4wPAdV9H4&feature=youtu.be (STORY: THE MAGIC ELF- O ELFO MÁXICO) Nesta historia podedes recoñecer os nomes dos xoguetes que escoitáchedes a semana pasada nun video educativo e nunha canción e que moitos de vós escribíchedes nos PDF que vos enviei.

  • https://www.youtube.com/watch?v=5xZD1i_g5Dw  Neste video podedes ver a rapazada da vosa idade graduándose e dando as grazas aos profesores, pais, nais, avós e a todos polo que fixeron por eles.

  • https://www.youtube.com/watch?v=WeEPR-vPkbs   Aquí vos deixo a mesma canción de graduación nun video no que aparece a letra en inglés e os subtítulos en español, por se vos animades a aprender un anaquiño e graduarvos na casa diante das vosas familias.


E para rematar este curso tan singular, quería agradecer ás familias a vosa colaboración e felicitarvos polo traballo realizado nestas longas semanas para evitar que os/as vosos/as fillos/as se desconectasen do inglés. Síntome moi satisfeita e orgullosa do alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria do colexio de Zas, pois, en situacións tan adversas coma estas, amosaron un gran interese en continuar aprendendo e adaptáronse moi ben a unhas circunstancias que lles esixían un maior esforzo.


Unha aperta moi forte e feliz verán para todos!


....................................................................................................................................................



ACTIVIDADES DE 3º,4º,5º E 6º DO 1 AO 5 DE XUÑO:


TERCEIRO DE PRIMARIA:

Esta semana imos seguir practicando a unidade 6 Haunted House (Casa encantada) pero imos utilizar o caderno pequeno que tiña o voso rexistro de notas (Skills Builder Book) para facer os seguintes exercicios:

  • Páxina 20, exercicio 1. Tedes que escoller o nome dos mobles entre os que aparecen no recadro verde e copialos no debuxo correspondente.

  • Páxina 21, exercicio 1. Tedes que escribir Yes ou No se ese gato que describe a frase está nesa habitación da casa.

  • Páxina 21, exercicio 2. Tedes no vocabulario que apuntáchedes na libreta que There´s significaba HAI e There isn´t significaba NON HAI. Tedes que volver mirar os 4 debuxos do exercicio anterior e escribir en inglés se HAI ou NON HAI ese gato que describe a frase nesa habitación da casa.

Tamén vos deixo dous enlaces para que practiquedes o vocabulario de 12 obxectos ou mobles que podedes atopar nunha “living room”. Hai algúns que non saen no libro, por exemplo CARPET (que é ALFOMBRA); por iso, primeiro abrides o 1º PDF titulado BINGO onde vos aparece o PICTURE DICTIONARY deses 12 mobles e despois xa podedes escribir na libreta numerados do 1 ao 12 as palabras completas dos mobles OU OBXECTOS que vos pregunto no 2º PDF titulado Write the missing letters, onde xa vos aparecen esas palabras incompletas:

https://www.anglomaniacy.pl/pdf/livingRoomB.pdf (Bingo)

https://www.anglomaniacy.pl/pdf/livingRoomPT4.pdf (Write the missing letters)

    Tedes que enviarme 4 fotos (3 son dos exercicios do Skills Builder Book) e a outra destas 12 palabras escritas na libreta. Os que teñades impresora, podedes facer este último exercicio no Pdf impreso en vez de facelo na libreta).


CUARTO DE PRIMARIA

Esta semana imos avanzar na unidade 6: The Wolf´s in town ( O lobo está na cidade), para o cal debedes consultar todo o vocabulario que copiástedes a semana pasada na libreta. Ides facer 4 exercicios do Activity Book e enviarme as 4 fotos:

  • Page 50, exercise 2: Tedes que facer frases cos verbos que vos aparecen na libreta e que empecen por He´s se se refiren ao lobo, ou por She´s se se refiren a Little Red Riding Hood (Caperucita).

  • Page 51, exercise 2: Nesas 5 frases hai unha palabra que está mal e tedes que volver copiar as frases coa palabra que si describa o debuxo.

  • Page 52, exercise 1: Tedes que escribir as preposicións que corresponda cando ordenedes as letras que aparecen neses debuxos do lobo. Nas frases 4,5 e 6 tedes que empezar por He´s e acabar con the tree ou the trees coma nas primeiras frases, dependendo de se no debuxo hai unha árbore ou máis.

  • Page 55, exercise 1: Tedes que encontrar 9 palabras das que tedes no vocabulario da libreta na sopa de letras e clasificalas segundo sexan lugares dunha cidade ou preposicións.


QUINTO DE PRIMARIA

Esta semana ides facer exercicios do Activity Book da Unidade 7 onde aprenderemos estes 8 lugares dunha cidade:


aquarium-acuario

bowling alley-bolera

film studio-estudio de grabación

gallery-galería

planetarium-planetario

skating rink-pista de patinaxe

palace-palacio

theme park-parque temático


  • Page 75: tedes que copiar a tradución destes lugares no Picture Dictionary.

  • Page 53, exercises 1+2: escribide en inglés os lugares da cidade que correspondan nestes dous exercicios.

  • Page 54, exercise 3: rodeade os erros que atopedes na descrición deses dous debuxos.

  • Page 60, exercise 3: escribide o nome dos dous lugares que aparecen no debuxo 2 e 3.

Recordade enviarme 4 fotos destas 4 páxinas cando teñades feitos estes exercicios.


SEXTO DE PRIMARIA

Esta semana tedes que repasar online o present continuous: despois de mirar na vosa libreta os apuntes e os exemplos que conxugárades do PRESENT CONTINUOUS facede estes 4 exercicios e enviádeme foto para corrixilos:




ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL DO 1 AO 5 DE XUÑO

  1. https://www.anglomaniacy.pl/pdf/toysB.pdf (PICTURE DICTIONARY)

  2. https://www.anglomaniacy.pl/pdf/toysPT1.pdf (READ AND MATCH)

  3. https://www.anglomaniacy.pl/pdf/toysC.pdf (DO THE CROSSWORD)



ACTIVIDADES DE 3º,4º,5º E 6º DO 25 AO 29 DE MAIO:


TERCEIRO DE PRIMARIA:

Esta semana imos seguir practicando o vocabulario da unidade 6 Haunted House (Casa encantada) que tedes que ter copiado na libreta e precisades consultalo para facer ben os seguintes exercicios:

  • Páxina 49 do Activity Book, exercicio 2. Tedes que contestar en que habitación da casa do debuxo están eses mobles. Non vos esquezades de empezar as respostas con In the...

  • Páxina 50 do Activity Book, exercicio 2 (primeira parte). Tedes que debuxar os 4 mobles que vos indica a rapaza de gafas na habitación correspondente (cociña, salita ou cuarto de baño) da primeira casa, a que ten a ducha, a tele....

  • Páxina 51 do Activity Book, exercicio 1. Tedes que poñer un tick (V) na resposta correcta entre as dúas opcións a/b, escollendo se hai un fantasma (there´s a ghost) ou non o hai (There isn´t a ghost) neses lugares da casa que aparece debuxada.

Tamén vos deixo dous enlaces para que practiquedes o vocabulario de 12 mobles.Hai algúns que non saen no libro, por exemplo STOOL (que é taburete); por iso, primeiro abrides o 1º PDF titulado BINGO onde vos aparece o PICTURE DICTIONARY deses 12 mobles e despois xa podedes escribir na libreta numerados do 1 ao 12 os mobles que vos pregunto no 2º PDF titulado Do the crossword:

https://www.anglomaniacy.pl/pdf/furnitureB.pdf (Bingo)

https://www.anglomaniacy.pl/pdf/furnitureC.pdf (Do the crossword)

    Tedes que enviarme 4 fotos (3 son dos exercicios do Activity Book) e a outra destas 12 palabras escritas na libreta. Os que teñades impresora, podedes facer este último exercicio no Pdf impreso en vez de facelo na libreta).


CUARTO DE PRIMARIA

Esta semana imos empezar a unidade 6: The Wolf´s in town ( O lobo está na cidade).

  •  https://drive.google.com/open?id=1XusHEaCGOSa97tN13xHY4L6T_r2dU2cw            Este é o enlace do vocabulario da unidade 6 que tedes que copiar na libreta.

  • Como tedes que copiar bastante vocabulario, so vos vou poñer da páxina 48 do Activity Book o 1º e o 2º exercicios, que son para practicar as primeiras 8 palabras que vos aparecen no pdf do vocabulario da unidade 6.

    Tedes que enviarme fotos destes dous exercicios do Activity Book e do vocabulario da unidade 6 da libreta.


QUINTO DE PRIMARIA


SEXTO DE PRIMARIA

Esta semana tedes que escoller cinco exercicios entre os sete que vos aparecen neste enlace: https://drive.google.com/open?id=178H3Y3zaxGM9I3kl1KfGnGjWBE40LOZ

Para poder facer eses 5 exercicios do PDF anterior, tedes que escoitar esta historia sobre reciclaxe as veces que vos faga falla. Aquí vos deixo o enlace da historia Let´s recycle:

As respostas deses cinco exercicios que escollestes tedes que apuntalas nas vosas libretas e enviarme foto. Non fai falla copiar os enunciados.



ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL DO 25 AO 29 DE MAIO

  1. https://www.anglomaniacy.pl/pdf/bodyM.pdf (PICTURE DICTIONARY)

  2. https://www.anglomaniacy.pl/pdf/bodyPT1.pdf (READ AND MATCH)

  3. https://www.anglomaniacy.pl/pdf/bodyC.pdf (DO THE CROSSWORD)



ACTIVIDADES DE 3º,4º,5º E 6º DO 18 AO 22 DE MAIO:


TERCEIRO DE PRIMARIA:


Esta semana imos empezar a unidade 6: Haunted House (Casa encantada).


  • Na páxina 48 do Activity Book tedes que facer o 1º e o 2º exercicios.

Tamén vos deixo dous xogos online para que repasedes os mobles e as habitacións da casa de paso que escoitades como se pronuncian:


CUARTO DE PRIMARIA


Esta semana so imos facer actividades online das PREPOSICIÓNS DE LUGAR:

in-dentro de

on-encima de

under-debaixo de


in-dentro de

on-encima de

under-debaixo de

next to-al lado de

behind-detrás de


Recordade sacar unha foto ao ordenador (ou captura de pantalla no móvil) cada vez que acabedes unha actividade online e enviarmas para poder correxilas. Esta semana tedes que enviarme 24 fotos (9 son do 1º exercicio e 15 do 2º).



QUINTO DE PRIMARIA


  • Esta semana imos empezar a unidade 7 facendo o exercicio 13 da páxina 58 do Activity book porque é de repaso das horas.

  • Na libreta tedes que escribir as horas dos 6 reloxos que vos aparecen na páxina 58 no exercicio 14 do Activity book

  • Para repasar as horas tamén ides facer estes 3 exercicios online pero non fai falla que me enviedes moitas fotos, chega con que me enviedes 2 fotos de cada exercicio online (como vos puxen 3, enviademe so 6 fotos):


https://agendaweb.org/exercises/vocabulary/time/time-1


https://agendaweb.org/exercises/vocabulary/time/time-2


https://agendaweb.org/exercises/vocabulary/time/time-3



SEXTO DE PRIMARIA


Esta semana imos repasar o presente simple afirmativo con estes 4 exercicios online, nos que tedes que elixir a forma do infinitivo ou a que remata en s e que so lle corresponde á 3ª persoa do singular (he/she/it). Repasade os apuntes da libreta e fixádevos como se conxuga o presente simple afirmativo. Aquí vos quedan os enlaces:


Chega con que me enviedes 3 fotos de cada un dos 4 exercicios, é dicir, enviádeme so 12 fotos en total para non agotar a memoria dos móviles.



ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL DO 18 AO 22 DE MAIO


ACTIVIDADES DE 3º,4º,5º E 6º DO 11 AO 15 DE MAIO:


TERCEIRO DE PRIMARIA:


Esta semana imos facer tres exercicios do Activity Book:


  • Na páxina 46 coloreamos eses tres cadros famosos, segundo os códigos de cores que aparecen no recadro laranxa.

  • Na páxina 72 temos que colorear os obxectos de clase da mochila de Josh, segundo se describe no texto.

  • Na páxina 75 tamén tedes que colorear as prendas que leva Emma, segundo se describe no texto.

Tamén vos deixo dous xogos online para que repasedes os obxectos da clase:


CUARTO DE PRIMARIA


Esta semana so imos facer actividades online:


  • Unide os nomes das asignaturas cos debuxos correspondentes e pinchade no altavoz para recordar como se pronuncian:

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/school-subjects

https://www.englisch-hilfen.de/en/exercises/various/days_of_the_week.htm


Recordade sacar unha foto ao ordenador (ou captura de pantalla no móvil) cada vez que acabedes unha actividade online e enviarmas para poder correxilas.


QUINTO DE PRIMARIA


Esta semana so imos facer actividades online:


Para repasar a unidade 5 (OCEAN LIFE) ides facer estes 3 xogos nos que tedes que unir as palabras cos debuxos correspondentes e pinchade no altavoz para recordar como se pronuncian:



Para repasar a unidade 4 (LET´S GO SHOPPING) ides ver este enlace cun Picture Dictionary das tendas que podedes atopar nunha cidade:


Despois de repasalas, xa estades preparados para facer este Shops memory game:

Recordade sacar unha foto ao ordenador (ou captura de pantalla no móvil) cada vez que acabedes unha actividade online e enviarmas para poder correxilas.


SEXTO DE PRIMARIA


Esta semana imos repasar o futuro simple (WILL+INFINITIVO) con este exercicio online, no que tedes que construír frases afirmativas, negativas e interrogativas igual ca no exemplo. Aquí vos queda o enlace:


Tamén imos repasar o vocabulario das profesións que vimos na segunda avaliación con estas 3 actividades online:


Recordade sacar unha foto ao ordenador (ou captura de pantalla no móvil) cada vez que acabedes unha actividade online e enviarmas para poder correxilas.



ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL DO 11 AO 15 DE MAIO




ACTIVIDADES DE 3º,4º,5º E 6º DO 4 AO 8 DE MAIO:

TERCEIRO DE PRIMARIA:

Esta semana ides facer estes exercicios do Activity Book:

  • PAGE 43-EXERCISE 2: completa esas 3 frases descifrando o código.
  • PAGE 44-EXERCISE 1:ordea as letras para escribir en inglés esas prendas de praia. Despois tes que colorear as prendas en bermello ou azul.
  • PAGE 45-EXERCISE 1:escribe S ou SH ao principio das prendas segundo corresponda e cópiaas debaixo de SKIRT (as que empecen por S) e debaixo de T-SHIRT (as que empecen por SH)
  • PAGE 47-EXERCISE 1: rodea as prendas e escribe as que sean para a praia debaixo de BEACH CLOTHES e o resto en OTHER CLOTHES.
Tamén vos deixo un xogo para que vistades os 6 osos coas prendas que máis vos gusten:

CUARTO DE PRIMARIA

Nesta semana o luns 4 de maio non era lectivo no colexio de Zas, polo que so vos dou tarefas para dúas horas de clase.

Esta semana ides facer estes exercicios do Activity Book:

  • PAGE 46-EXERCISE 1: pon un tick (V) nos debuxos que describan actividades boas para o entorno e unha cross (X) nas que sean malas para o entorno.
  • PAGE 47-EXERCISE 1: ordea as palabras do camión e clasifícaas en asignaturas ou en medios de transporte.
Tamén vos deixo dous xogos para que seleccionedes os transportes que ides oíndo:https://learnenglishkids.britishcouncil.org/word-games/transport-1

QUINTO DE PRIMARIA

Esta semana ides facer os 5 exercicios da unidade 6 que se refiren aos números. Imos comezar polo libriño Beep on Grammar:

  • PAGE 12-EXERCISES 1+2: fai estes 2 exercicios despois de ver os tres exemplos que che aparecen ao principio da páxina ( 8.954 / 17.436 / 2.671). FÍXATE BEN POIS EN INGLÉS POÑEN UNHA COMA EN VEZ DO PUNTO PARA EXPRESAR OS MILES
Do Activity Book:

  • PAGE 46-EXERCISES 4+5
  • PAGE 52-EXERCISE 2

Tamén vos deixo 3 enlaces con tarxetas cos nomes dos números no caso de que precisedes consultar algún:

SEXTO DE PRIMARIA

Nesta semana o luns 4 de maio non era lectivo no colexio de Zas, polo que so vos poño tarefas para dúas horas de clase.

Consultade os apuntes que vos dei do pasado simple regular que tedes nas libretas de inglés. Agora poñede en práctica o aprendido facendo estes 4 exercicios online:

Contactade comigo para calquera dúbida.




ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL DO 4 AO 8 DE MAIO

HAPPY MOTHER´S DAY
29/04/2020


Déixovos aquí un enlace a un Pdf por se queredes colorealo e regalarllo ás vosas nais este domingo. Podedes escoller entre facerlle un debuxo ou pegarlle unha foto, e os que non tedes impresora podedes facelo nunha folla calquera ou nunha cartulina. Feliz Día da Nai!






ACTIVIDADES DE 3º,4º,5º E 6º DO 27 AO 30 DE ABRIL:

TERCEIRO DE PRIMARIA

Nesta semana o venres é festivo, polo que so teredes dúas horas de clase.

Pinchade neste enlace  vocabulario da unidade 5  para copiar nas vosas libretas de inglés ese vocabulario. Despois facedes o PICTURE DICTIONARY DA PÁXINA 69. Como quedaron as pegatinas na clase, debaixo da palabra no recuadro vermello, poñédelas en castelán, e debaixo dos debuxos poñedes as palabras en inglés.
Por último, ides facer os dous exercicios da páxina 40.
Lembrade sacar foto do vocabulario da libreta e destas dúas páxinas do libro e enviarmas ao meu correo para correxilas.

CUARTO DE PRIMARIA

Pinchade neste enlace https://drive.google.com/open?id=1Ggirfu_5sSNPqi2gYozAFxsJrpS4GxKJ para copiar o vocabulario da unidade 5  nas vosas libretas de inglés e despois facer o PICTURE DICTIONARY DA PÁXINA 69. Como quedaron as pegatinas na clase, debaixo da palabra no recuadro vermello, poñédelas en castelán, e debaixo dos debuxos poñedes as palabras en inglés.
Tamén tedes facer os dous exercicios da páxina 40, o 2 da páxina 41 e o 1 da páxina 44. Por último debedes escribir na libreta o voso horario de clase en inglés. Se non o tedes, tamén vale que copiedes na libreta o horario que aparece no exercicio 2 da páxina 44.
Lembrade sacar foto do vocabulario, do horario da libreta e destas páxinas do libro e enviarmas ao meu correo para correxilas.

QUINTO DE PRIMARIA


Pinchade neste enlace  vocabulario da unidade 6 para copiar o vocabulario da unidade 6 nas vosas libretas de inglés e despois facer o PICTURE DICTIONARY DA PÁXINA 74. 
Tamén tedes que copiar a canción do Student´s Book da páxina 49 nas vosas libretas e traducila. 
Na páxina 55 do Student´s Book, no exercicio 12 aparece explicado o ciclo da auga en inglés en 5 pasos. Tedes que copialo en orde nas vosas libretas.
Por último, do Activity Book, o exercicio 1 da páxina 45, e a páxina 51 enteira (que fai referencia á páxina 55 do Student´s Book, onde está explicado o ciclo da auga).
Lembrade sacar foto do vocabulario, da canción e do ciclo da auga da libreta e dos exercicios do Activity Book e enviarmas ao meu correo para correxilas.

SEXTO DE PRIMARIA

Imos repasar estes 5 tempos verbais:

-present simple
-present continuous
-future simple
-future with “going to”
-past simple

Tedes que conxugar en affirmative, interrogative e negative nos 5 tempos anteriores o verbo TO COOK. Lembrade que tamén tedes que traducilos ao galego ou ao castelán e enviarme foto antes das 10 do próximo luns. Facédeo nas vosas libretas de inglés.



ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL DO 27 AO 30 DE ABRIL
Intentade adicarlle unha hora á semana ás actividades de Educación Infantil. Como este domingo será o Día da Nai, déixovos aquí unha canción “Mommy and Me” para que a aprendades e lla cantedes no seu día:




NOTA IMPORTANTE PARA SEGUNDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
25/04/2020

A partir da semana que vén, teredes as tarefas semanais de inglés no planning semanal da titora Tamara na semana correspondente. Así xa non tedes que volver consultar o blog de inglés a partir desta semana. Para calquera dúbida contactade comigo no mail:


gloriaingleszas@gmail.com



NOTA IMPORTANTE PARA PRIMEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
23/04/2020

A partir do luns 27 de abril, teredes as tarefas semanais de inglés na carpeta de DRIVE da vosa titora Selina na semana correspondente. Así xa non tedes que volver consultar o blog de inglés a partir deste luns. Para calquera dúbida contactade comigo no mail:


gloriaingleszas@gmail.com



NOTA IMPORTANTE TAREFAS INGLÉS EDUCACIÓN PRIMARIA 
22/04/2020

Aínda que a maioría me estades enviando tarefas escritas ao meu correo, a partir de hoxe, so debedes enviarme fotos dos exercicios que vos mande facer nas libretas, folios ou nos vosos libros. No caso de que necesite imprimir fichas, non chamedes vós ao concello nin lles enviedes arquivos deste blog, pois xa lles enviarei eu os arquivos novos directamente ao concello e as vosas direccións para que eles se encarguen de facérvolas chegar. De momento non lles enviei nada, porque seguimos esperando instrucións da Consellaría sobre os contidos a desenvolver na terceira avaliación, polo que nestes tres días, ides repasar o seguinte:

-En 1º e 2º repasades o vocabulario das unidades 3 e 4 que vos aparece na marxe dereita da primeira páxina de cada unidade.
-En 3º e 4º repasades o vocabulario das unidades 3 e 4 que tedes na libreta.
-En 5º e 6º repasades o vocabulario e os apuntes das unidades 3, 4 e 5 que tedes na libreta. 

Para facilitarvos que non teñades que andar consultando moito o blog, a partir da semana que vén, publicarei as novas tarefas para terceiro, cuarto, quinto e sexto os luns. As tarefas de primeiro e segundo de primaria estarán nas correspondentes carpetas das súas titoras a partir da vindeira semana.

ÁNIMO E GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN


CONTACTO PARA  DÚBIDAS OU ACLARACIÓNS

Ante as consultas dalgúns pais sobre a maneira de entregarme as fichas que ían facendo, aceptei calquera das formas que me suxeriron. Algúns van gardándoas nunha carpeta, esperando que pase o confinamento. Outros escanearon as fichas e enviáronmas ao meu correo, ou fixéronlle fotos e enviáronllelas aos wasaps dos titores (que mas reenviaron ao momento).

O 16 de marzo publiquei na web do CPI de Zas unha nota informativa sobre as actividades para realizar na casa, co nome do blog e o meu correo. Vou escribilo aquí de novo por se vos é máis práctico: 

gloriaingleszas@gmail.com


ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTIL DA TERCEIRA AVALIACIÓN
17/04/2020

En Educación Infantil, ao igual que as titoras, deixareivos unha serie de actividades lúdicas que se poden adaptar aos 3 cursos. Irei publicando periódicamente no blog novos contos, cancións, historias, xogos... pero recordade que tamén podedes ir revisando o resto dos materiais de inglés de Educación Infantil que tedes colgados neste blog. Sería recomendable que lle adicásedes unha hora á semana, pois era o tempo que tiñades de clase presencial de inglés. Espero que vos gusten!

ACTIVIDADES DE INGLÉS DE EDUCACIÓN PRIMARIA do xoves 16 ao luns 20 de abril

O martes 21 de abril, a directora informaranos das novas directrices da Xunta sobre a terceira avaliación. Por iso, recoméndovos que sigades repasando os contidos xa vistos. Exceptuando ao alumnado de 2º e 5º de Primaria, que so teñen unha sesión de inglés nestes tres días e chégavos con que repasedes unha hora, os demáis cursos de Educación Primaria debedes adicarlle dúas horas a revisar algún dos contidos que xa tiñades no blog. Supoño que o concello xa vos levou os libros e libretas de inglés que deixarades na aula. Se preferides repasar a última unidade que tedes feita, tamén vos vai ser moi útil, sobre todo, no caso de que teñamos que ir impartindo novos contidos.


ACTIVIDADES DE INGLÉS para o martes 14 e o mércores 15 de abril

Como estamos esperando instrucións da Consellaría sobre a terceira avaliación, recoméndanos que estes dous días sigamos repasando os contidos xa vistos. Por iso, exceptuando ao alumnado de 3 anos, 5 anos e 1º de primaria que non teñen clase de inglés os martes nin os mércores, os demáis cursos debedes adicarlle unha hora a repasar algún dos contidos que xa tiñades no blog.
Para quinto de primaria, como tedes clase os dous días,  repasade dúas horas.


ACTIVIDADES DE INGLÉS RELACIONADAS COS CONTIDOS CURRICULARES:
16/03/2020
Como xa vos informei na páxina web do colexio, este é un listado de actividades de reforzo flexible para permitirvos escoller aquelas que sexan máis adecuadas. Recoméndovos que lle adiquedes ao inglés o mesmo número de horas semanais que se tiveramos clase, é dicir, 1 hora en Educación Infantil, 2 horas en primeiro e segundo, e 3 horas no resto dos cursos de Educación Primaria.

 Ánimo!


INGLÉS 3 ANOS


INGLÉS 4 ANOS


INGLÉS 5 ANOS


INGLÉS 1º PRIMARIA 
INGLÉS 2º PRIMARIA 


INGLÉS 3º PRIMARIA 

INGLÉS 4º PRIMARIA





Comentarios